- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
Melide acolle o I Concurso Nacional Canino da Terra de Melide
20/03/2019. Melide acollerá este próximo domingo o I Concurso Nacional Canino que se celebrará no palacio de congresos e exposicións ao longo de toda a mañá da xornada dominical. Comezará ás 10h da mañá e estará aberto ao público en xeral
MELIDE 20 de marzo de 2019.- A Sociedade Canina Galega organiza na vila este domingo 24 de marzo o I Concurso Nacional da Terra de Melide que se celebrará dende ás 10h da mañá no palacio de congresos e exposicións.
Trátase da primeira vez que Melide acolle un evento destas características e preténdese que sexa a sede para este evento nos próximos anos. Nesta proba realizaranse os xuízos dos cans pertencentes aos diferentes grupos de cans.
A proba comezará ás 10.30h cos xuízos dos exemplares das diferentes razas, conte competirán por ser o mellor can de raza para logo nas finais ser o mellor exemplar do grupo e unha vez escollidos os 10 mellores exemplares, realizarase a última final onde se elixirá ao mellor exemplar do concurso.
Para este evento canino contarase con Arturo Méndez, de Ferrole David Santos ámbolos dous de Ferrol, e David Vázquez de Barbadas.
O concurso está organizado pola Sociedade Canina Galega e conta coa colaboración do Concello de Melide e a Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia.