Novas

Máis novas

O Concello inicia unha auditoría da rede de saneamento do polígono industrial

18/03/2019. Co fin de auditar o estado da rede e asesorar para a regularización de vertidos na rede de saneamento do Polígono industrial, o Concello vén de iniciar unha auditoría co fin de detectar irregularidades ou vertidos incontrolados

MELIDE 18 de marzo de 2019.- A empresa APPLUS Norcontrol SLU será a encargada de levar adiante un estudio de auditoría das redes de canalización do Polígono da Madanela co fin de facilitar o traballo que está a realizar Augas de Galicia ao deseñar a rede de canalización do sistema de depuración das augas do Polígono Industrial ata a EDAR Municipal situada no baixo de Folicheiro, limítrofe coa parroquia melidense do Leboreiro.

 A alcaldesa de Melide, Dalia García, inicia este expediente de auditoría á rede municipal así como a todas as empresas afincadas no parque empresarial co fin de por unha banda, realizar os axustes que sexan necesarios dende a administración municipal e por outra, detectar posibles vertidos irregulares que están dañando reiteradamente o medioambiente. Así pois, se trata de realizar un control exhaustivo de cada punto de vertedura, sendo obrigatorio ter un sistema de depuración propio ou decantación en cada empresa afincada tanto na fase primeira como segunda do parque empresarial.

O pasado decembro o organismo autonómico de Augas de Galicia adxudicou á empresa Eptisa Servicios de Ingeniería SL, este proxecto de conexión das augas fecais do polígono industrial da Mandanela co sistema de saneamento de Melide, ten un prazo de execución de 6 meses, logo de quedar deserto no Seu momento

Onte mesmo, a rexedora melidense, puxose en contacto co Presidente da Asociación Troiteiros Río de Furelos ante a denuncia deste colectivo sobre un vertido, cuxo orixe é descoñecida, traslada a documentación visual a empresa encargada da auditoría así como a Policía Local para inspección ocular e poder investigar os feitos. 




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp