Novas

Máis novas

O Concello premia ao Centro Ocupacional pola súa participación no Entroido

20/03/2019. Alumnado, profesorado do centro ocupacional de Melide compartiron unha comida de confraternidade xunto coa alcaldesa de Melide e a concelleira de Benestar Social en recompensa pola súa participación no concurso de entroido

MELIDE 20 de marzo de 2019.- O alumnado do Centro Ocupacional de Melide compartiron unha comida de confraternidade xunto co seu profesorado así como tamén coa alcaldesa de Melide, Dalia García e coa concelleira de Igualdade e Benestar Social, María Jesús López.

A comida celebrouse nun establecemento local e os participantes compartiron experiencias e gozaron dunha xornada diferente. O obxetivo deste xantar era premiar dende a institución local a participación do alumnado do Centro Ocupacional ano tras ano no concurso de entroido. Como cada ano, dende o Concello de Melide queren agradecer o esforzo que os rapaces e rapazas realizan para participar neste concurso facendo especial fincapé na súa ilusión que poñen  neste evento.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp