- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
Melide mobilízase para que non cese a búsqueda de Emilio Pintor Mella
15/03/2019. Veciños de Melide achegáronse ata a cidade da Coruña na tarde de onte para participar nunha concentración pacífica que pedía que non cesaran as labores de búsqueda do veciño desaparecido Emilio Pintor Mella, natural de Zas de Rei
MELIDE 15 de marzo de 2019.- Melide mobilízase para que non cese a búsqueda de Emilio Pintor Mella, veciño desaparecido o pasado 21 de febreiro.
Na xornada de onte, un autobús saía dende Melide cara a cidade herculina onde estaba convocada unha concentración diante de Nuevos Ministerios para esixir que continúe a búsqueda do veciño, Emilio Pintor Mella, natural de Zas de Rei, que leva desaparecido case un mes.
O autobús partía de Melide ás 17.30h para achegarse ata Coruña, onde a concentración estaba programada para as 19h da tarde. Alí, familiares, amigos e veciños quixeron amosar o seu apoio á familia de Emilio Pintor. Máis de 150 persoas concentrábanse na praza de Luis Seoane, ante o edificio administrativo da Xunta de Galicia. A alcaldesa de Melide, Dalia García, tamén estivo presente nesta concentración pacífica acompañada de boa parte do seu equipo de goberno.
Durante o comunicado que se leu na concentración, a muller de Emilio Pintor, pediu máis medios para poder atopar a Emilio Pintor e instou a utilizar medios máis eficaces que o xeorradar tras o operativo que se levou a cabo hai uns días.
A familia ten a disposición da cidadanía dous teléfonos de contacto: 642 650 775 ou o 649 952 957 para calquer persoa que poida ter algunha pista sobre o paradeiro do desaparecido.
FOTO: La Voz de Galicia