- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
A igualdade e a convivencia tamén se ensinan nos colexios de Melide
14/03/2019. O Concello, a través da Concellería de Igualdade e Benestar Social e enmarcado dentro das actividades para conmemorar o 8 de marzo, día da muller, puxo en marcha na xornada hoxe xoves unha xornada de contacontos nos colexios
MELIDE 14 de marzo de 2019.- O Concello de Melide, a través da Concellería de Igualdade e Benestar Social, dentro da programación de actividades que se poñen en marcha durante es mes de marzo para conmemorar o día da Muller, puxo en marcha na xornada un contacontos en igualdade e convivencia nos tres colexios da vila.
A iniciativa levaba por nome “Contacontos para a igualdade e convivencia” e tivo lugar nos tres colexios de Melide, Mestre Pastor Barral, Colexio da Martagona e no CEIP Nº1. A actividade estivo dirixida a infantil e primaria e dependendo do público de cada colexio o contacontos adaptouse para trasladar da maneira máis eficaz a súa mensaxe. O obxetivo foi traballar cos máis pequenos e pequenas a igualdade e a non diferencia entre sexos, a coeducación e a corresponsabilidade.
Na mañá de hoxe, a alcaldesa de Melide, Dalia García e a concelleira de Igualdade e Benestar Social, María Jesús López, asistiron á función do CEIP Nº1 e compartiron coas mestras e o alumnado esta experiencia.
Trátase dunha actividade que se enmarca dentro da programación que o Concello de Melide puxo en marcha con motivo do 8 de marzo, que terá o seu punto final cunha xuntanza de mulleres que se celebrará na vila neste mes de marzo.