Novas

Máis novas

Contacontos en igualdade e convivencia para fomentar valores nos colexios

13/03/2019. O Concello, a través da Concellería de Igualdade e Benestar Social e enmarcado dentro das actividades para conmemorar o 8 de marzo, día da muller, pon en marcha na xornada de mañá xoves unha xornada de contacontos nos colexios

MELIDE 13 de marzo de 2019.- O Concello de Melide, a través da Concellería de Igualdade e Benestar Social, poñen en marcha na xornada de mañá xoves unha actividade de contacontos nos tres CEIPS da vila.

A iniciativa leva por nome “Contacontos para a igualdade e convivencia” enmarcada dentro da programación que dende o Concello de Melide se puxo en marcha para celebrar o 8 de marzo, día da Muller.

Os contacontos levaranse a cabo nos tres colexios públicos de Melide, ás 11h da mañá no Ceip Mestre Pastor Barral, ás 12h no Colexio da Martagonia e ás 13h no Ceip número 1.  Están dirixidos a infantil e primaria e dependendo do público de cada colexio o contacontos adaptarase para trasladar da maneira máis eficaz a mensaxe. O obxetivo será traballar os máis pequenos e pequenas a igualdade e a non diferencia entre sexos, a coeducación e a corresponsabilidade. 

Trátase dunha actividade que se enmarca dentro da programación que o Concello de Melide puxo en marcha con motivo do 8 de marzo, que terá o seu punto final cunha xuntanza de mulleres que se celebrará na vila nos vindeiros días.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp