- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
Reparto de guías informativas do CIM nos colexios de Melide
13/03/2019. O Concello, con motivo da celebración do 8 de marzo, editou unhas guías informativas para dar maior visibilidade a todos os servizos que se ofrecen dende o Centro de Información á Muller da vila. Onte entregáronse nos CEIPS
MELIDE 13 de marzo de 2019.- O Concello de Melide, dende a Concellería de Igualdade e Benestar Social, puxo en marcha unha campaña para dar visibilidade ao Centro de Información á Muller e a todos os servizos que dende o CIM melidá se ofrecen non só á veciñanza senon tamén a persoas doutros concellos que conforman a Comarca da Terra de Melide.
Ao longo da mañá de onte, a alcaldesa de Melide, Dalia García, xunto coa concelleira de Igualdade e Benestar Social, María Jesús López e a asesora xurídica do CIM, Silvia Míguez, repartiron nos CEIPS de Melide as guías informativas sobre o CIM, que foron presentadas o 8 de marzo, día da muller.
As guías informativas do CIM, pretenden dar a coñecer todos os servizos que ofrece o CIM para mulleres de Melide e Comarca que ten por obxectivo ofrecer apoio e asesoramento aos seus problemas.
A través destas guías divulgativas, os veciños e veciñas coñecerán máis polo miúdo o traballo que se realiza no CIM de Melide así como tamén cales son os servizos de asesoramento que se ofrece e que poden ser utilizados a coste cero pola veciñanza. O equipo do CIM está composto na actualidade cunha asesora xurídica, unha psicóloga e unha traballadora social.
Ao longo destes días, este reparto de guías informativas tamén se realizará nos diferentes edificios públicos de Melide así como tamén no IES.