- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
Melide acude á concentración para que non cese a búsqueda de Emilio Pintor
13/03/2019. O Concello poñerá un servizo de autobús para que a veciñanza que o desexe poida achegarse ata a Coruña mañá pola tarde para participar na concentración para pedir que non cese a búsqueda do veciño desaparecido. Sairase ás 17.30h
MELIDE 13 de marzo de 2019.- Mañá xoves está organizada unha concentración na praza de Luis Seoane na Coruña diante de Novos Ministerios para pedir que non cese a búsqueda do veciño de Zas de Rei, Melide, Emilio Pintor Mella, desaparecido o pasado 21 de febreiro.
O Concello de Melide poñerá un autobús para que todos aqueles veciños e veciñas de Melide que queiran acudir a esta concentración poidan facelo dende a propia vila. O autobús partirá mañá xoves ás 17,30h de diante da Capela de San Roque para acudir a esta concentración na Coruña, onde se pedirán máis medios para localizar ao veciño melidense e que esta desaparición non chegue ao olvido.
As persoas interesadas en acudir a esta concentración poden anotarse na secretaría xeral do Concello de Melide ao longo do día de hoxe, mañá e tarde e ata mañá xoves ás 14h do mediodía. Tamén poden facelo por teléfono no 981 50 50 03.
O sinal do teléfono móbil é a única e a última pista que se ten de Emilio Pintor Mella, que o situaba nun tramo do embalse dos Peares, acotado entre a presa de Belesar e un meandro que forma o río Miño entre os municipios de Chantada e O Saviñao, xa na provincia de Lugo. Nese lugar centrouse nos últimos días a búsqueda deste veciño desaparecido. Os efectivos buscan no cauce do río e nas súas beiras. O home viaxaba nun Citroen AX de cor negro do que tampouco se atopou ningunha pista.
Nas tarefas de búsqueda participaron un helicóptero da Garda Civil, un equipo dos geos da Policía Nacional, Grupos especiales de actividades subacuáticas de Benemérita e drons do 112. Tamén participaron axentes da policía local de Chantada e efectivos de Protección Civil dese municipio cunha lancha de salvamento.
A familia ten a disposición da cidadanía dous teléfonos de contacto: 642 650 775 ou o 649 952 957 para calquer persoa que poida ter algunha pista sobre o paradeiro do desaparecido.