- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
O Concello de Melide promociona a Festa do Melindre no Fórum Gastronómico
11/03/2019. O Concello de Melide, está presente no Fórum Gastronómico que se celebra na Coruña. A vila promociona a súa Festa do Melindre, a única festa gastronómica que está presente de toda Galicia por segundo ano consecutivo neste espazo
MELIDE 11 de marzo de 2019.- O Concello de Melide promociona os doces típicos da repostaría tradicional da vila: melindres, ricos e amendoados no Forum Gastronómico da Coruña que se celebra dende onte domingo e ata o mañá martes 12 de marzo na cidade herculina.
A Festa do Melindre, é a única festa gastronómica que está presente de toda Galicia neste fórum por segundo ano consecutivo, así o decidiu o Concello de Melide, ao ver unha boa posibilidade de promoción do evento e de poñer en valor a gastronomía local máis doce. A maiores dun obradoiro que se celebrou na tarde de onte, o organismo local, promocion a Festa do Melindre e da Repostaría Tradicional cun stand propio, situado no espazo 150 do pavillón principal, e onde haberá degustación e venda dos doces tradicionais a través das casas reposteiras que conforman a asociación Melide Terra Doce: Casa Melchora, Pastelería Estilo, Panadería Tahona e Pastelería Trisquel.
Ademais, durante os días do evento está dispoñible no stand un photocall moi especial: as persoas que se saquen nel unha fotografía e a suban ao seu Instagram utilizando o hashtag #festadomelindre19, entran no sorteo dunha estancia en Melide para dúas persoas durante a celebración da vindeira edición da Festa do Melindre, que este 2019 terá lugar os días 11 e 12 de maio. Tamén hai actividades para os máis cativos, que poden colorear diferentes ilustracións sobre a festa a cambio dun agasallo sorpresa.
A alcaldesa de Melide, Dalia García, visitou o stand de Melide durante a xornada de onte, e destacou a importancia da celebración deste tipo de eventos para darlles visibilidade aos nosos produtos e abrir novos mercados grazas aos intercambios profesionais. “Este tipo de feiras permiten promocionar a gastronomía local e impulsar o prestixio da nosa despensa fóra das nosas fronteiras, o que redunda en beneficio propio dos produtores, no marco dunencontro, o Fórum, consolidado como un evento imprescindible para os profesionais da gastronomía, xa líder a nivel nacional e con clara vocación internacional”, apuntou a rexedora.
OBRADOIRO DOS DOCES TÍPICOS DE MELIDE NO FÓRUM
O día grande do evento foi onte domingo, onde arespostaría tradicional e a Festa do Melindre foron protagonistas coa impartición dun obradoiro sobre os doces típicos de Melide. A actividade, que tivo lugar no Espazo Ágora do recinto de ExpoCoruña pola tarde e foi impartida por Alberto Rodríguez, mestre reposteiro e presidente da asociación Melide Terra Doce. O obxetivo fundamental da actividade era poñer en valor un facer totalmente artesá e que pasou de xeración en xeración a través dos fornos da vila, mantendo intactas as receitas dos melindres, dos amendoados e sobre todo dos ricos, que só se elaboran en Melide.
Con gran asistencia de xente ao obradoiro, os participantes coñeceron de primeira man os tres doces melidenses e as materias primas coas que se elaboran, tocando as diferentes masas tanto en cru como xa cocidas, e incluso participando nos baños de azucre, completado así o proceso completo de elaboración dos melindres, os ricos e os amendoados. A actividade pechouse cunha cata dos 3 doces tradicionais, acompañada das explicacións do mestre artesán Román Varela, da Pastelería Trisquel.