- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
Novo logo e guías informativas para dar visibilidade ó CIM de Melide
08/03/2019. O Concello de Melide, dende a Concellería de Igualdade e Benestar, e con motivo do 8 de marzo, día da Muller, presentouse o novo logo e as guías informativas para dar a coñecer os servizos que ofrece o CIM ás mulleres da Comarca
MELIDE 8 de marzo de 2019.- A alcaldesa de Melide, Dalia García, acompañada pola concelleira de Igualdade e Benestar Social do Concello de Melide, María Jesús López e a asesora xurídica do Centro de Información á Muller (CIM), da vila déron a coñecer o novo logo deste centro así como tamén presentaron unhas guías informativas que a semana próxima se repartirán nos edificios municipais, nos tres CEIPs e no instituto da vila.
As guías informativas que foron presentadas no día de hoxe en rolda de prensa, pretenden dar a coñecer todos os servizos que ofrece o CIM para mulleres de Melide e Comarca que ten por obxectivo ofrecer apoio e asesoramento aos seus problemas.
A través destas guías divulgativas, os veciños e veciñas coñecerán máis polo miúdo o traballo que se realiza no CIM de Melide así como tamén cales son os servizos de asesoramento que se ofrece e que poden ser utilizados a coste cero pola veciñanza. O equipo do CIM está composto na actualidade cunha asesora xurídica, unha psicóloga e unha traballadora social.
A alcaldesa de Melide, Dalia García, explicaba esta mañá que se trataban de “dípticos moi esquemáticos e cun diseño atractivo para dar a coñecer o servizo a moitas mulleres que aínda a día de hoxe descoñecen o traballo que se realiza dende o CIM”.
O novo logo do CIM, que tamén se fixo público esta mañá, é unha faciana de muller sobre a letra C e cor escura, que pretende identificar o servizo como adicado a axudar ao colectivo femino.
Ao mesmo tempo, dende esta mesma mañá, na fachada principal da casa do concello colga unha mensaxe clara: 8 de marzo, 365 días pola igualdade.
PROGRAMA DE RADIO ESPECIAL
A radio municipal de Melide tamén tivo programación especial con motivo do 8M. Dende as 11h da mañá e na sintonía do 107.10FM, falaron representantes das asociacións de mulleres da vila, a concelleira de Igualdade e Benestar do Concello de Melide, María Jesús López e pesoal do Centro de Información á Muller da vila. Como invitada contouse coa entrevista a Nuria Bravo, primeira muller en pilotar un helicóptero militar en España.
HOMENAXE ÁS MULLERES
Pola súa banda, dentro da programación para a celebración do 8 de marzo, terá lugar unha xuntanza-homenaxe ás mulleres, aberta a todas as veciñas de Melide que queiran compartir este acto. Este encontro de confraternidade celebrarase a semana próxima.
CONTACONTOS EN IGUALDADE
Tamén no trascurso da próxima semana, a Concellería de Igualdade e Benestar do Concello organiza un contacontos que se celebrará en cada un dos tres CEIPS da vila. Será unha actividade que se centrará na posta en valor da igualdade entre iguais, intentando inculcar valores de paridade entre os máis cativos da vila.