Novas

Máis novas

Melloras en beirarrúas e pavimento en doce rúas de Melide

05/03/2019. O Concello de Melide realiza estes días melloras en doce rúas do casco urbano que contaban cun pavimento moi deteriorado polo paso do tempo ou que necesitan melloras nas súas beirrarúas así como o reforzó da sinalización

MELIDE 5 de marzo de 2019. Avanza a bo ritmo as obras de doce rúas do casco urbano de Melide que estes días están sendo obxeto de melloras e que contribuirán estes traballos á mellora urbanística de varias áreas da vila.

Así, nas rúas Armando Catarelo e Moldes, realizase unha pavimentación con aglomerado asfáltico en quente e a súa renovación da sinalización horizontal.
No que comprende ás rúas Alcalde Juan Mera Somoza, Euskadi e Madrid, a maiores da pavimentación en aglomerado en quente e a sinalización, tamén se realizan labores de limpeza dos bordes, aumentando así a seguridade viaria da zona.
Tamén a renovación da sinalización é unha actuación que se leva a cabo nas rúas Jesús López, Consuelo Varela López y Hnas Morate Fdez, Alcalde Ricardo Fdez Camoiras, Alcalde Antonio Souto e Alcalde Sabino, conxuntamente coa pavimentación en cada unha con MBC e e execución de beirarrúas.
 

Na rúa Norte, realizase unha rede separativa de pluviais e posteriormente tamén se pavimentará con MBC. A mellora de pluviais tamén executa na rúa Antonio Prado Díaz, onde tamén leva a cabo a pavimentación con MBC e a sinalización horizontal. Trátase dunha actuación moi demandada polo goberno local que subsanará as deficiencias na rede de saneamento.
 

A alcaldesa de Melide, Dalia García, explicaba que “todas as actuacións que se levan a cabo realizanse en zonas do casco urbano de Melide que por diferentes cuestións presentan unha pavimentación moi deteriorada así como tamén precisan dun reforzo da sinalización horizontal e mellora da accesibilidade. Son melloras que repercurten directamente nos veciños e veciñas da vila incrementando así a súa seguridade viaria coas novas sinais e pintado en áreas nas que fai máis dunha década que non se actúa”.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp