- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
O edificio multiusos incrementa a eficiencia enerxética co cambio de ventás
05/03/2019. O Concello adxudicará na vindeira Xunta de Goberno Local que se celebra este xoves o cambio de ventás do edificio multiusos da vila. Unha instalación que alberga entre outros servizos a biblioteca ou o conservatorio municipal
MELIDE 5 de marzo de 2019.- O Concello de Melide adxudicará na Xunta de Goberno Local que se celebrará o vindeiro xoves as obras que supoñerán o cambio da totalidade das ventás do edificio multiusos da vila.
Trátase dun edificio que data dos anos 60 e que na actualidade posee uns ventanais moi obsoletos que serán sustituídos por outros máis actuais con ventás de aluminio con rotura de puente térmico que servirán para un bo aillamento da instalación. Isto é as novas ventás tamén vidros especiais para conservar ao máximo a calor da calefacción en inverno e protexer o máximo a luz solar.
O cambio de ventás do edificio multiusos de Melide ten un orzamento de licitación de 65.030,20 euros. A maior cantidade, 43.138,30 euros irá para o cambio de ventás e o restante será adicado á xestión de residuos, demolicións e ou control de calidade.
O edificio multiusos de Melide está situado na praza das universidades e alberga servizos municipais de diversa índole como a biblioteca da vila, o viveiro de empresas, o conservatorio, o telecentro, etc..