Novas

Máis novas

Melide adxudica as obras do cambio de cuberta lateral do polideportivo

05/03/2019. A Xunta de Goberno Local do Concello de Melide que se celebrará o vindeiro xoves, adxudicará o cambio de cuberta lateral do polideportivo da vila, deteriorada polo paso do tempo, que redundará na calidade da instalación deportiva

MELIDE 5 de marzo de 2019.- O Concello de Melide adxudicará o cambio de cuberta laterial do polideportivo municipal situado na rúa Martagona da vila na Xunta de Goberno Local que se celebrará o vindeiro xoves 7 de marzo.

A cuberta lateral da instalación deportiva atópase moi deteriorada polo paso do tempo. Xa con anterioriodade se executaron melloras na cuberta central que se verán reforazas con este cambio da agora cuberta lateral, realizando así unha mellora integral de toda a cuberta do inmoble.

As obras consistirán na retirada da actual cuberta lateral para sustituila por unha de placas de politeurano así como tamén á renovación dos canalóns que completarán a reforma completa da cuberta. As obras, se o tempo o permite, prevese que se executen neste mes de marzo. O orzamento total para a realización destas melloras é de 66.278,57 euros.  

O polideportivo municipal é utilizado ao longo de toda a semana e durante todo o ano por veciños e veciñas que se achegan á instalación para realizar a práctica deportiva co único parón do mes de agosto, onde se celebra o Campionato de Fútbol Sala. Este último evento deportivo leva máis de 30 edicións tendo a súa sede na vila e congrega a centenares de afeccionados en Melide.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp