- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
Éxito de inscricións nas Escolas Deportivas e Culturais do Concello de Melide para o novo curso
02/10/2017. Hoxe dan comezo as actividades que contan con preto de 400 inscritos. Para as actividades como Trx, Jumping ou hipopresivos, créanse novos grupos debido á alta demanda dos veciños
Co comezo do mes de outubro o Concello de Melide pon en marcha as actividades das Escolas Deportivas e Culturais para este curso 2017/2018.
Así, dende o día de hoxe e ata finais do mes de maio, as actividades dentro da programación destas escolas desenvolverase con normalidade e cos horarios e nos lugares establecidos polo departamento de Cultura e Deportes do Concello de Melide. A excepción das actividades de jumping, hipopresivos e Trx, que comezarán o 2 de novembro.
As listaxes de admitidos e en agarda poden consultarse no taboleiro do Concello de Melide así como tamén no taboleiro do edificio Multiusos.
Este ano, serán 372 persoas as que participen nas diferentes alternativas que ofrece o Concello de Melide dentro das súas Escolas Deportivas e Culturais. Como cada ano, o fútbol sala foi unha das actividades máis demandadas con máis de medio centenar de inscricións entre todas as súas categorías.
Dalia García, alcaldesa de Melide, apuntaba “a boa acollida sempre das actividades que se poñen en marcha ano tras ano”, facendo especial fincapé “nas actividades novidosas que incorporamos para este curso que nos vimos na obriga de ampliar os grupos debido á alta demanda por parte dos nosos veciños”.
NOVO PRAZO DE INSCRICIÓN
Dende o día de hoxe, e tal e como informan dende a Concellería de Cultura e Deportes do Concello de Melide, ábrese un novo prazo para realizar a matrícula en aquelas actividades nas que aínda hai prazas dispoñibles.
Por outra banda, e dada a alta demanda da veciñanza, dende o departamento que dirixe Dolores Gómez, realizaron un esforzo para ampliar grupos nas actividades de Trx, jumping e hipopresivos, actividades novas con moi boa acollida e para a que se organizaron grupos novos.
ACTIVIDADES CANCELADAS
A concellería de Cultura e Deportes do Concello de Melide viuse na obriga de cancelar algunhas actividades que ofrecería debido á falta de inscricións. Estas actividades son: baile galego inciación, multideporte, balonman, badminton de adultos e defensa persoal.