Novas

Máis novas

Melide mellora a súa conexión co concello veciño de Sobrado dos Monxes

05/03/2019. O Concello mellorou nos últimos anos a súa conexión con Sobrado dos Monxes cun investimento que chegou aos case 300.000 euros despois da realización de diversas melloras no firme deste viario que comunica ámbolos municipios

MELIDE 5 de marzo de 2019.-  O Concello de Melide ten mellorado a súa conexión co concello veciño de Sobrado dos Monxes a través dun novo firme na parroquia melidense de Folladela que comunica co municipio lindeiro.

Trátase dunhas melloras nas que se teñen investido 295.000 euros nos últimos tres anos en diferentes etapas e que na actualidade dan como resultado un firme de cinco quilómetros de mellora do pavimento en aglomerado en quente totalmente renovado no límite do Concello de Melide, na parroquia de Folladela co Concello de Sobrado dos Monxes.

En concreto, estes últimos traballos consistiron na pavimentación dende o punto quilométrico 2,760 ata fin do termo municipal. Polo tanto, actuouse sobre 3.123 metros de lonxitude e 4,5 de ancho. A obra xa está rematada e foi quen de mellorar a seguridade viaria dos condutores que diariamente utilizan esta estrada.

Este proxecto deu continuidade da obra levada a cabo na mesma estrada con cargo ao Plan de emerxencias no 2016 cun orzamento de 120.000 euros e unha achega municipal de 60.000 euros. O orzamento total no arranxo deste viario suma 295.000 euros.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp