Novas

Máis novas

Descende o paro en Melide e na Comarca en 26 persoas no mes de febreiro

05/03/2019. En Melide e na Comarca volve a descender o paro no pasado mes de febreiro. Así, a Comarca da Terra de Melide conta con 26 desempregados menos. O total de parados en Melide é de 408 e na Comarca de 602. Segue a tendencia á baixa

MELIDE 5 de marzo de 2019.- Volve a descender o paro en Melide e na nosa Comarca no mes de febreiro. No total da Comarca son 24 persoas menos ás que xa non están no paro. Por Concellos, Melide lidera a caída do paro con 17 persoas menos desempregados no mes de febreiro e conta cun total de desempregados de 408. En Santiso o paro medra en 3 persoas, en Sobrados dos Monxes e en Toques, o paro descende en menos 8 e 4 persoas respectivamente. Así, no conxunto total da Comarca o número de desempregados é de 602, 26 menos  que no mes anterior.

No conxunto galego, Galicia pechou o mes de febreiro con 173.709 persoas no paro, o que supón con respecto a hai un ano 14.498 desempregados menos (-7,70%). É, deste xeito, a segunda Comunidade na que máis descende o paro superando a caída media do Estado (-5,22%) en case dous puntos e medio. O paro, así, continúa baixando, seis anos de xeito consecutivo nun mes de febreiro e a cifra sitúa á Comunidade en niveis de hai unha década. Con respecto ás afiliacións, continúan en aumento, con 18.822 cotizacións máis que hai un ano encadeando case cinco anos de subidas consecutivas, desde abril de 2014.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp