Novas

Máis novas

As obras de saneamento en Santa María estarán rematadas este verán

04/03/2019. A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia, Ethel Vázquez acompañada da alcaldesa de Melide, Dalia García así como veciños da zona, anuncio una mañá de hoxe o fin do saneamento en Santa María para es verán

MELIDE 4 de marzo de 2019.- A Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, mantivo hoxe unha xuntanza co alcaldesa de Melide, Dalia García, representantes da corporación municipal e veciños, na que avanzou o próximo inicio das obras de saneamento na parroquia de Santa María, co obxectivo de telas rematadas este mesmo verán.

Vázquez Mourelle presentou os detalles do proxecto no que a consellería, a través de Augas de Galicia, investirá máis de 116.000 euros, cumprindo así co convenio de colaboración asinado co concello, de dotar do servizo de saneamento ás vivendas e edificación, por ambas marxes da estrada N-547, ás que a rede de saneamento actual non alcanza.

Esta iniciativa ten como obxecto dotar á parroquia dunha nova rede de saneamento, de algo máis de 1,4 Km de lonxitude, que recolla as augas residuais urbanas naquelas vivendas carentes deste servizo e a súa conexión a rede xeral existente.

A parroquia de Santa María conta na actualidade cunha rede de saneamento na parte da parroquia que discorre pola marxe esquerda da vía N-547 en dirección Santiago de Compostela. Para mellorar esta situación, e prestar un adecuado servicio, a intervención abarcará actuacións na marxe esquerda e dereita da estrada nacional, que a súa vez dispoñen de varios tramos.

Na marxe esquerda da estrada, executarase un conduto de PVC que se estenderá ao longo dun treito de máis de 0,5 Km, que se conectará augas abaixo co colector existente nesa zona.

Na marxe dereita instalarase outro conduto de PVC, dividido en dous subtramos. Un tramo se conectará augas abaixo de xeito que acabe conectado ao colector da marxe esquerda da N-547, e o outro tramo de colector máis próximo ao termo municipal de Melide se conectará á rede de saneamento existente e que da servicio á piscina municipal.

Esta actuación enmarcase na cooperación da Xunta cos concellos galegos co obxectivo de que a cidadanía dispoña de servizos axeitados, especialmente á hora de garantir a calidade de vida dos veciños e veciñas do medio rural.

Estas obras contan co cofinanciamento do programa operativo FEADER 2014-2020.

 




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp