Novas

Máis novas

Rematadas as obras da ponte que une Baltar en Melide coa Mella en Arzúa

04/03/2019. Rematan as obras da ponte que une os lugares de Baltar en Melide e A Mella en Arzúa. Son melloras moi demandas polos veciños que aumentarán agora a seguridade dos vehículos de alta tonelaxe que trascorren por este viario cada día

MELIDE 4 de marzo de 2019.- Melide e Arzúa contan con nova ponte. A parroquias de Baltar e A Mella están unidas por unha renovada ponte que xa está en funcionamento. Estes traballos foron posibles grazas a un convenio asinado por ámbolos dous concellos coa Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia no pasado ano 2017.

As actuacións que se realizaron consistiron na reposición da drenaxe transversal sobre o río, e dado que a estrutura da ponte se atopaba nun estado deficiente, demoleuse a obra existente para facer unha nova cimentación e o pórtico, ademais de reafirmar o camiño.
Esta actuación, que tivo un orzamento que superou os 100.000 euros, supón un aumento da seguridade xa que, en palabras de Dalia García “a nova ponte pode sorportar de xeito seguro e firme as grandes tonelaxes de vehículos agrogandeiros e lácteos que por ela circulan no seu día a día”.

“Unha vez máis, a Xunta de Galicia atende as peticións dos veciños e veciñas de Melide, dando resposta con celeridade ás demandas dos melidenses”, conclue Dalia García.

 




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp