Novas

Máis novas

O alumnado do Centro Ocupacional de Melide celebra o Entroido

01/03/2019. Os rapaces e rapazas do Centro Ocupacional celebraron na mañá de hoxe unha xornada diferente. Vestidos cos seus disfraces de robots reciclados realizaron un percorrido pola vila e compartiron un ágape para celebrar o Entroido

MELIDE 1 de marzo de 2019.- As máscaras e a troula foron hoxe a tónica predominante na xornada matinal do alumnado do Centro Ocupacional de Melide. Como acontece cada ano por estas datas, os rapaces e rapazas do colectivo disfrazáronse, despois de semanas de traballo, para dar a benvida ao Entroido 2019.

Dende a súa chegada as aulas vestíronse conxuntamente cos seus compañeiros e compartiron un paseo polo casco urbano para ensinar os seus atuendos. Finalmente realizaron unha visita ao Concello de Melide e con posterioridade e para rematar este día tan especial compartiron un ágape entre todos.  

Os rapazas e rapazas do Centro Ocupacional participan activamente nas actividades que se levan a cabo dende o Concello de Melide, xa teñen reservada a súa inscrición para participar no gran concurso de disfraces que terá lugar na vila o vindeiro martes 5 de marzo ás 17.30h no palacio de congresos e exposicións. Baixo o nome de “Robots Reciclados” os 14 alumnos do colectivo subiranse ao escenario para amosar o seu bo facer durante as últimas semanas.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp