- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
O alumnado de cociña do Concello innova cos produtos típicos do Entroido
01/03/2019. É unha das actividades que máis éxito ten, o alumnado de cociña compartiu onte unha xornada de innovación culinaria entre todos os que semanalmente se achegan ata a casa consitorial para aprender máis sobre as artes culinarias
MELIDE 1 de marzo de 2019.- Na tarde noite de onte, o alumnado da actividade de cociña xuntáronse para compartir unha xornada diferente. Realizaron diferentes pratos con produtos típicos destas datas do entroido pero de maneira innovadora.
Os chourizos, a cacheira e os grelos foron presentados aos participantes con combinacións diversas, lonxe da súa maneira habitual.
A alcaldesa de Melide, Dalia García, xunto coa concelleira de Igualdad e Benestar Social, compartiron xornada e petiscos co alumnado da actividade de cociña.