Novas

Máis novas

O Concello de Melide incorpora o coreano, o chinés e o xaponés as súas guías informativas

20/10/2017. No pasado mes de setembro a Oficina de Turismo foi visitada na súa maioría por latinoamericanos, europeos e coreanos. A guía informativa do Concello de Melide está dispoñible en 9 idiomas

O Concello de Melide vén de incorporar tres linguas ás súas guías informativas debido ao alto incremento das nacionalidades coreana, xaponesa e chinesa. Tal e así, que tomou a decisión de ofrecer as guías que conteñen información sobre o patrimonio cultural e arquitectónico neses tres idiomas, tendo como obxetivo mellorar a comunicación cos peregrinos e visitantes que chegan a Melide e queren coñecer a nosa vila en profundidade.

Así o facía saber a alcaldesa de Melide, Dalia García, que presentou unha nova guía informativa que une nun mesmo documento as explicacións do municipio melidense en xaponés, chinés e coreano.  A guía ofrece unha pequena explicación sobre a historia de Melide, analiza o Camiño Francés e Primitivo e os monumentos máis importantes ao seu paso pola vila  e polo concellos limítrofes.  A guía ten tamén un pequeno apartado adicado ás festas de Melide,  á gastronomía, ao lecer e o tempo libre e fai referencia aos comercios e mercados melidenses. Incorpora un plano onde a ademais están recollidos os teléfonos de interese como pode ser a Garda Civil, Protección Civil, Policía Local ou o Centro de Saúde, entre outros.

Actualmente esta guía informativa estaba en activo en galego, castelán, inglés, italiano, alemán e francés.  Coa suma dos idiomas xaponés, coreano e chinés, ofrécese información a peregrinos e visitantes a Melide nun total de 9 linguas.  

MÁIS DE 500 PERSOAS Á SEMANA

As técnicas de Turismo do Concello de Melide explicaban a día de hoxe que na última semana achegáronse máis de 500 persoas á Casa Museo de Furelos, lugar dende onde realizan o seu labor de información. Aínda que as nacionalidades mudaron con respeto ao verán, xa que os españois e italianos descenderon e agora os visitantes son latinoamericanos, europeos e coreanos, o volume de persoas que visitan Melide “descendeu pouco en relación as cifras do verán”, explicaba unha técnica de Turismo na mañá de hoxe.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp