Novas

Máis novas

Rematan os traballos de mellora do viario que une a DP-4604 cos Ánxeles

01/03/2019. O Concello, vén de sufragar con fondos propios, as obras de mellora do viario que comunica a DP-4604 coa parroquia dos Ánxeles. Unha actuación que contribuíu a mellorar esta zona xuno coa senda peonil das Cazallas, xa executada

MELIDE 1 de marzo de 2019.- O Concello de Melide vén de rematar os traballos de acondicionamento e mellora no viario que da acceso dende a DP-4604 á parroquia dos Ánxeles.

As obras consistiron na pavimentación en aglomerado en quente neste treito que enlaza coa senda peonil e coa reforma integral do núcleo da parroquia das Cazallas.
As melloras contaron cun orzamento de 60.414,03 euros e foron sufragadas con fondos propios.

A estrada provincial DP-4604 que comunica o casco urbano de Melide co Concello de Toques, é un viario moi transitado na actualidade por numerosos veciños e veciñas para realizar camiñatas durante o seu día a día. O Concello de Melide, actuou dende o ramal de Garceiras ata o núcleo das Cazallas, onde se atopa o emprazamento da igrexa da zona. Este ramal, comunica directamente coa DP-4604, e é utilizado cada día pola veciñanza para o seu acceso á parroquia dos Ánxeles.
 

OUTRAS MELLORAS EN PISTAS RURAIS

Esta actuación compleméntase coas obras de mellora de Santa María e outros accesos a núcleos rurais que realiza estes días o Concello de Melide en aglomerado en quente para garantizar a súa durabilidade no tempo.

O organismo local realiza tamén na actualidade limpezas nas cunetas na pista Marín-Maceda para proceder posteriormente ao seu aglomerado.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp