- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
Limpeza e construción de novas beirrarúas no casco urbano de Melide
01/03/2019. A brigada de obras do Concello traballa na limpeza de beirrarúas no casco urbano en colaboración coa empresa concesionaria da recollida do lixo na vila. Ao mesmo tempo, nalgunhas rúas tamén se están construíndo novas beirrarúas
MELIDE 1 de marzo de 2019.- O Concello de Melide a través da súa brigada de obras municipal realiza estes días labores de limpeza de varias beirrarúas situadas no casco antigo que precisaban dun lavado para garantizar o súa boa conservación e ao mesmo tempo a seguridade da veciñanza. En moitos lugares, acumúlanse zonas de verde polo que co contacto da auga en moitas ocasións poden producir esvararamentos para as persoas.
Esta campaña de limpeza das beirarrúas da vila realízase periódicamente dende o Concello de Melide e sufrágase con fondos propios.
CONSTRUCIÓN DE NOVAS BEIRRARÚAS
Ao mesmo tempo, a estas accións, súmanse que o Concello de Melide está realizando traballos de construcción de beirrarúas e pavimentación na rúa Alcalde López Galúa. O organismo local informa que nos vindeiros días tamén serán pavimentadas outras rúas do casco urbano como por exemplo a rúa Antonio Prado Rodríguez.