- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
Educación inviste 95.000 euros no cambio de cuberta do CEIP Martagona de Melide
01/03/2019. O xefe territorial da Consellería de Educación na Coruña, Indalecio Cabana, visitou as instalacións do CEIP nº2 de Melide xunto coa alcaldesa da vila, Dalia García e a concelleira de Obras, Rosa Cabado
MELIDE 1 de marzo de 2019.- A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional da Xunta de Galicia investirá 95.000 euros no cambio de cuberta do CEIP Martagona, deteriorada polo paso do tempo.
É por iso, que o xefe territorial da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional na Coruña, Indalecio Cabana, visitou na mañá de onte o CEIP Martagona acompañado da alcaldesa de Melide, Dalia García e da concelleira de Obras, Servizos e Educación, Rosa Cabado.
As obras que se realizarán neste centro educativo melidense nos vindeiros meses, consistirán no cambio da cuberta de todo o edificio así como tamén de dous dos lucernarios cos que conta a instalación.
A alcaldesa de Melide, Dalia García, agradece unha vez máis que a Consellería de Educación a través da súa xefatura territorial teña en conta as demandas que se realizan dende o CEIP Martagona de Melide que repercutirán nunha mellora da eficiencia enerxética da infraestrutura coa renovación da súa cuberta.
Nos últimos anos, a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional leva investido nos centros educativos de primaria e no IES de Melide máis de 230.000 euros.