Novas

Máis novas

O concerto do conservatorio abre a programación do Entroido en Melide

28/02/2019. Melide dá o pistoletazo de saída mañá venres á programación do entroido 2019. Será cun concerto na casa da cultura da man do alumnado e profesorado do conservatorio municipal da vila. Haberá unha festa infantil e un concurso

MELIDE 28 de febreiro de 2019.- O Concello de Melide dá o pistoletazo de saída á programación do Entroido 2019 que comezará este venres cun concerto por parte do alumnado e profesorado do conservatorio municipal.

A cita musical no entroido melidense será mañá venres 1 de marzo, e dende o conservatorio municipal preparan un concerto que levará por nome “Bandas Sonoras”, e que terá lugar ás 20.30h na casa da cultura da vila, con entrada libre e gratuita.

FESTA INFANTIL

Como sucede en anos anteriores, os máis cativos e cativas da vila terán unha festa adaptada a súa medida, será este domingo 3 de marzo. A cita será no palacio de congresos e exposicións e poderán gozar cunha auténtica festa infantil entroideira con xogos, baile, música, obradoiros e maquillaxe dende as 17.30h da tarde.

CONCURSO DE ENTROIDO: MÁIS DE 2.500 EUROS EN PREMIOS

No concruso melidense, que se celebrará o vindeiro martes 5 de marzo, estableceranse un total de 2.650 euros en premios que se repartirán do seguinte xeito: nas comparsas formadas por máis de oito persoas, o primeiro premio estará dotado de 1.000 euros e o segundo de 700 euros. Para os grupos , formados de tres a oito persoas, o primeiro premio será de 400 euros e o segundo de 300 euros. Na categoría de individuais e parellas, o primeiro premio será de 150 euros e o segundo de 100 euros.

Dende o Concello de Melide deixan claro nas súas bases que os menores de idade non poderán participar na categoría individual e parellas de non ir compañados dun adulto.

Unha das novidades máis importante da programación deste ano é que o coñecido cómico humorista colaborador do programa Luar da TVG, Fredi Cruxer, será o encargado de presentar o concurso de disfraces que terá lugar no pazo de congresos e exposicións ás 18.30h da tarde. A recepción dos participantes como é habitual terá lugar ás 16.30h da tarde no cantón de San Roque, de onde sairá o desfile, sempre que o tempo o permita. No caso de choiva, a recepción de participantes será xa no pazo de congresos ás 17.30h da tarde. Haberá diferentes premios para as categorías de comparsas, grupos e individuais e parellas. 




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp