Novas

Máis novas

O Concello de Melide mellora os accesos ao rural das súas parroquias

27/02/2019. A brigada municipal de obras do Concello de Melide realiza traballos de mellora nos núcleos rurais dalgunhas parroquias que tiñan o seu firme moi deteriorado polo paso do tempo e pola circulación neste viarios de vehículos pesados

MELIDE 27 de febreiro de 2019.- O Concello de Melide vén de rematar os traballos de mellora do firme nos núcleos rurais dalgunhas das súas parroquias por atorparse moi deteriorado polo paso do tempo e tamén pola alta circulación de vehículos pesados que día a día trascorren por estas zonas.

Así, estes días veñen de rematarse as actuacións de mellora no núcleo de San Cibrao, e na pista de Carballás na parroquia de Orois, que conecta Castiñeiroa coa pista central da parroquia de Maceda.

Actualmente a brigada de obras traballa na limpeza de cunetas e acondicionamento na pista de San Martiño, no lugar de Moutoutiño, onde se procedeu tamén a realizar labores de mantemento no lugar de A Rata en Zas de Rei.

A todos estes traballos, súmanse os realizados na propia parroquia de Santalla, onde se acondicionaron camiños rurais que facilitan os labores do sector agrario. Os traballos consistiron na mellora do firme existente por outro de formigón e ao mesmo tempo no entubaxe para a conexión das augas pluviais. Trátase dun firme que estaba moi deteriorado debido aos vehículos que circulan pola zona, vehículos de gran tonelaxe que día a día minguaban a calidade do treito.  Dende o Concello de Melide explícase que grazas á sustitución do anterior firme polo actual de formigón garántese o bo estado do viario con permanencia no tempo.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp