Novas

Máis novas

O Concello acomete labores de limpeza nas pistas da parcelaria Maceda-Orois

27/02/2019. Como acontece cada ano por estas datas, o Concello de Melide a través da súa brigada de obras municipal realizou estes días traballo de desbroce e roza das pistas da parcelaria Maceda-Orois de cara aos meses de primavera-verán

MELIDE 27 de febreiro de 2019.- O Concello de Melide, a través da brigada de obras municipal realizou estes días labores de desbroce e roza das pistas da parcelaria Maceda-Orois.

Trátase duns traballos que realizan dende o organismo local cada ano por estas datas e forman parte do mantemento habitual das pistas do rural melidense. As pistas da parcelaria de Maceda-Orois contan cunha superficie de 1.087 hectáreas, distribuídas en 1.004 terreos de reemprazo pertencentes a un total de 436 propietarios.

Dende o Concello de Melide realizan periódicamente estes labores de mantemento dar un bo servizo aos veciños e veciñas do rural e ao mesmo tempo para preparar as zonas rurais de cara á época máis calurosa do ano evitando así a propagación dos lumes de producirse un incedio.

“Nos vindeiros meses continuarán os traballos de roza e desbroce noutras pistas das parroquias do rural melidense”, apuntou  a alcaldesa de Melide, Dalia García quen “manter a limpeza nas pistas do rural mellora a calidade de vida e a seguridade daqueles veciños que viven máis afastados ao casco urbano”.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp