Novas

Máis novas

Educación inviste máis de 230.000 euros nos centros educativos de Melide

25/02/2019. O Concello vén de facer balance dos investimentos nos centros educativos da vila nos últimos anos. Os 3 colexios públicos así como tamén o IES recibiron cartos da Consellería para subsanar pequenos problemas nas súas instalacións

MELIDE 25 de febreiro de 2019.- A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional da Xunta de Galicia leva investido en Melide nos últimos anos un total de 233.336 euros para o mantemento dos centros educativos. Melide conta na actualidade con tres colexios de primaria: CEIP nº 1, CEIP Martagona e Colexio Mestre Pastor Barral e un instituto onde se imparte a educación secundaria, bacharelato e un ciclo formativo.
O investimento máis cuantioso foi destinado para a renovación da cuberta do CEIP nº1 coa retirada de uralita anterior e a renovación total de todo o tellado, xunto cunha obra que se complementou no ano 2018 cun investimento neste centro educativo de 14.000 euros para os traballos de mellora do patio interior cuberto do propio colexio.
A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional a través da xefatura territorial sempre tivo a ben atender as demandas dos centros educativos de Melide, levando a cabo obras de grande envergadura moi demandadas no tempo, como foi o caso do CEIP nº 1, ou as melloras de eficiencia enerxética no CEIP da Martagona  coa reparación da cuberta do ximnasio ou o cambio da marquitería nos dous grandes lucernarios que ten ese colexio.
No CEIP Mestre Pastor Barral, por outra banda o centro máis novo de Melide, tamén foi beneficiario da reparación do peche cuberto, estando actualmente en estudo outras demandas do centro.
Tal e como explican fontes municipais, téñense levado a cabo obras que van dende proxectos para renovación de cubertas noutros CEiPS.  Por exemplo  colexio da Martagona, no que durante o ano 2018 se detectou a necesidade de levar a cabo un proxecto para renovar a cuberta, será acometido nos vindeiros meses e será xa unha realidade. 

MELLORAS TAMÉN NO IES DE MELIDE
No IES de Melide a atención ás necesidades a este centro de referencia na educación secundaria da Comarca, tampouco foron alleas á Consellería de Educación. Téñense investido dende o ano 2016 e ata o 2018, un total de 98.104 euros.
Dalia García, amosábase satisfeita polo compromiso coa educación e coas boas infraestruturas para dar unha mellor cobertura aos escolares por parte da Consellería, que “queda de manifesto con todos os investimentos realizados nos últimos anos dende o goberno autonómico con Melide”. 




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp