Novas

Máis novas

Os poemas de Rosalía de Castro saen á rúa para celebrar o seu día

22/02/2019. A iniciativa que parte da Concellería de Cultura do Concello de Melide estará presente durante toda a fin de semana na vila, onde os veciños e veciñas poderán ler na propia rúa os poemas mais famosos da escritora galega

MELIDE 22 de febreiro de 2019.- O vindeiro domingo, 24 de febreiro, celébrase o Día de Rosalía de Castro. Dende a Concellería de Cultura do Concello de Melide festexarase tamén este ano dun xeito especial. Os protagonistas serán os versos da autora galega que se colgarán en diferentes lonetas en diferentes balcóns do casco antigo da vila.

Serán poemas, recollidos da súa obra Follas Novas e de Cantares Gallegos os que pendurarán de diferentes fachadas dentro da zona histórica de Melide. O principal estará colgado da fachada da casa consistorial, onde, por uns días, recibirá a todos os que se acheguen ata a praza do Convento. Os poemas de Rosalía engalarán Melide durante toda a fin de semana.

DÍA DE ROSALÍA

Cada 24 de febreiro a Concellería de Cultura do Concello de Melide pon en marcha diferentes actividades para conmemorar o nacemento da escritora galega Rosalía de Castro. Este ano e dando continuidade a unha iniciativa que se puxo en marcha o pasado ano, decidiuse sacar os poemas da escritora galega as rúas de Melide para facer partícipes a toda a veciñanza da cultura de Galicia.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp