Novas

Máis novas

Melide formaliza o seu pacto de hermanamento con seis países europeos

22/02/2019. Na xornada de onte o Concello puxo en marcha un acto para formalizar de maneira oficial o pacto de hermanamento entre a localidade e o diferentes municipios dos países de Portugal, Italia, Polonia, Hungría, Eslovaquia e Letonia

MELIDE 22 de febreiro de 2019.- O Concello de Melide formalizou na xornada de onte de maneira oficial o seu pacto de hermanamento cos representantes dos diferentes países europeos que nos visitantan estes días: Portugal, Polonia, Hungría, Italia, Eslovaquia e Letonia.

Foi nun acto que se celebrou en Melide e onde estiveron representados todos os países participantes e onde se puideron escoitar os himnos de cada un e se compartiron cos asistenes palabras dos diferentes cargos institucionais que realizan este intercambio na vila durante esta semana e que asinaron o pacto de hermanamento.

Ao acto, asistiu a conselleira de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, Ángeles Vázquez, en representación do organismo autonómico, quen agradeceu aos presentes a súa dispoñibilidade e a súa curiosidade por coñecer Galicia. Ao mesmo tempo, Dalia García, a alcaldesa de Melide, explicaba que “sen dúbida será unha experiencia positiva para a nosa vila, facendo público a unión de Melide con outros países para actuar dentro dunha perspectiva europea, para contrastar os nosos problemas e para desenvolver lazos de amizade cada vez máis estreitos. Os hermanamentos son a expresión de unidade e da identidade e unidade europeas”.

Durante esta semana o grupo visitou diferentes lugares do entorno melidense e da Comarca, así como tamén outros concellos veciños como por exemplo Palas de Rei. Estiveron na Coruña e na tarde de onte achegáronse ata o Parlamento Galego. Durante a xornada de hoxe, o grupo visitará as Illas Cíes.

Este intercambio e hermanamento europeo é froito do traballo realizado polo Concello de Melide coa Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia así como tamén coas administracións europeas para poder poñer en marcha este tipo de iniciativas que enriquecen culturalmente as persoas que participan nela e ao mesmo tempo, teñen a posibilidade de coñecer Melide e Comarca, dentro da Europa dos 27.

INTERCAMBIO MUSICAL EN SICILIA

Froito dos contactos do Concello de Melide xunto coas administracións europeas, hai uns meses cinco mozos e mozas da vila puideron gozar dun intermcambio musical na illa de Sicilia, sendo unha actividade cultural que reportou moitos beneficios aos afortunados, tendo a posibilidade de coñecer outros territorios e enriquecerse musicalmente.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp