Novas

Máis novas

O Concello de Melide bonificará o 10% do canon do lixo á veciñanza

20/02/2019. O equipo de goberno aprobará en Pleno a solicitude a Sogama para a bonificación do canon de recolllida pola taxa do lixo no municipio. O aforro será do 10% para os veciños nesta taxa e repercutirá nos directamente nos seus petos

MELIDE 20 de febreiro de 2019.- O Concello de Melide aprobará no Pleno que se celebrará mañá xoves, solicitar a Sogama a bonificación do canon de recollida pola taxa de lixo.

Esta baixada, que se aprobará previsiblemente no Pleno de mañá  ao menos cos votos do equipo de goberno, supoñerá unha bonificación do 10%, que revertirá positivamente en todos os fogares melidenses, traducíndose en que os veciños e veciñas e empresas locais terán que pagar menos cartos pola taxa do lixo en 2019.

Deste xeito o Concello de Melide comprométese a reducir a producción de residuos e a incrementar a reciclaxe de envases lixerios, en plena sintonía coas directrices da Unión Europea na materia, e ademais, trasladará esta rebaixa económica aos fogares.

A esta medida, tamén se lle suman outras postas en marcha polo equipo de goberno local como o programa Horeca, dirixido á reciclaxe de vidro nos diferentes locais da hostalería, campañas de concienciación entre a veciñanza ou a instalación de novos puntos de recollida de lixo tanto no casco urbano como no rural, ofrecéndolles todas as facilidades para poder reciclar a diario.

A alcaldesa de Melide, Dalia García, apuntaba que “se todos participamos nunha pegada equilibrada no mediambiente, separamos mellor, reciclamos mellor e poñemos máis medios para poder facer que isto sexa posible, repercutirá sempre positivamente tanto na facenda local que é de todos como tamén no peto de cada un de nós”. “O Concello de Melide baixa impostos e segue mantendo a calidade da súa veciñanza”, conclúe.

 




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp