Novas

Máis novas

Máis de 40 persoas de seis países europeos visitan Melide esta semana

19/02/2019. Máis de corenta persoas chegadas de cinco países europeos atópanse estes días na vila e ao longo desta semana coñecerán a Comarca e concellos limítrofes e tamén algunhas das principais cidades galegas como Santiago e Coruña

MELIDE 19 de febreiro de 2019.- O Concello de Melide realiza estes días actividades previas ao hermanamento europeo que poñerá en marcha con seis países: Portugal, Polonia, Italia, Letonia e Hungría. Son preto de 40 persoas as que ao longo desta semana visitarán Melide e Comarca, concellos limítrofes así como tamén algunhas das principais cidades galegas como A Coruña ou Santiago de Compostela.
Durante a xornada de hoxe, a alcaldesa de Melide, Dalia García e a concelleira de Xuventude, Yolanda Pérez, acompañáronos nunha visita que realizaron ao monasterio de Sobrado dos Monxes e pola tarde achegaranse ata o Castelo de Pambre, en Palas de Rei. Xa mañá visitarán a cidade da Coruña e entre os seus plans tamén se atopa a visita ao Parlamento Europeo o vindeiro xoves.
Dalia García, a alcaldesa de Melide, explicaba que “sen dúbida será unha experiencia positiva para a nosa vila, facendo público a unión de Melide con outros países para actuar dentro dunha perspectiva europea, para contrastar os nosos problemas e para desenvolver lazos de amizade cada vez máis estreitos. Os hermanamentos son a expresión de unidade e da identidade e unidade europeas”.
Este intercambio e hermanamento europeo é froito do traballo realizado polo Concello de Melide coa Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia así como tamén coas administracións europeas para poder poñer en marcha este tipo de iniciativas que enriquecen culturalmente as persoas que participan nela e ao mesmo tempo, teñen a posibilidade de coñecer Melide e a nosa Comarca, dentro da Europa dos 27.
INTERMCABIO EN SICILIA
Froito dos contactos do Concello de Melide xunto coas administracións europeas, hai uns meses cinco mozos e mozas da vila puideron gozar dun intermcambio musical na illa de Sicilia, sendo unha actividade cultural que reportou moitos beneficios aos afortunados, tendo a posibilidade de coñecer outros territorios e enriquecerse musicalmente.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp