Novas

Máis novas

As obras mellorarán o firme da estrada AC-840 deteriorado polo paso do tempo

19/02/2019. As máquinas traballan para reforzar o firme da AC-840 onde se realizarán, entre outras melloras, reparacións do solo desta estrada que permitan ampliar a vida útil do pavimento polo que a diario trascorren máis de 3.500 vehículos

MELIDE 19 de febreiro de 2019.- O treito da AC-840 está sendo estes días obxeto de varias melloras que se realizarán no seu pavimento para ampliar a vida útil dunha estrada polo que transcorren diariamente máis de 3.500 vehículos. Por esta razón e polo paso do tempo, o firme da AC-840 entre os puntos quilométricos 36+000 e 49+000 a altura da rambla de San Pablo, atopábase moi deteriorado e dende do Concello de Melide tomaron a decisión de que “era necesaria un reforzo do seu firme”.
Despois de realizar os trámites pertinentes coa Consellería de Infraestrutura e Mobilidade coa Xunta de Galicia, as melloras defínense en reparacións do firme ás que se sumaron anteriormente a reposición da rede de pluviais.
No marco desta actuación, na Rambla de San Pablo se inclúe a reposición do paquete de firme completo na traza das gabias a executar, reforzado con formigón armado a canalización nos treitos de calzada, e repoñendo a capa de rodadura en todo o ancho da calzada, entre o Pq. 49+580 e o 50+280, que se está executando nestes momentos.  As obras complementáronse co cegado dos pozos de rexistro das redes de residuais e pluviais, para evitar os ruídos que producen co paso do tráfico. Tamén se trasladaron á beirarrúa os pozos de saneamento, e realizarase na calzada a reposición de firme necesaria.
A alcaldesa de Melide, Dalia García, apunta que “estamos satisfeitos porque é unha demanda de hai tempo, xa que se trata dun viario que é fundamental para a zona cunha media diaria de tráfico rodado moi alta, de 3.500 vehículos ou máis”. García agradece á Xunta “o apoio que nos ofrece sempre, e seguiremos demandando actuacións nesta vía básica para o municipio”.
A alcaldesa de Melide, Dalia García, explicaba que “gracias a esta obra poderemos mellorar moito os caudais e os saneamentos da vila. Con estas actuacións preténdese diminuir as inundacións que se producen nesta zona urbana de Melide e eliminar o ruido dos vehículos ao transitar por ela, moi molesto para os veciños e veciñas que residen nesta zona”.

 




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp