Novas

Máis novas

Éxito dunha nova edición do Mercamelide de inverno na vila

19/02/2019. O Mercamelide de inverno celebrouse esta pasada fin de semana cun total de 20 stands. O Palacio de Congresos convertiuse nun outlet baixo teito e nunha alternativa de ocio para veciños e visitantes durante a fin de semana a Melide

MELIDE 19 de febreiro de 2019.- A Feira de Oportunidades do Comercio Melidense, Mercamelide celebrou a súa última edición esta pasada fin de semana, correspondente aos stocks de inverno outono.

Mercamelide chegaba este ano a súa edición número 23 que seguiu sendo unha boa oportunidade para facer negocio redondo en base á calidade e prezo reducido, as dúas características definitorias desta feira de saldos xa consolidada no almanaque comercial e distintiva do comercio melidense.

Esta feira estivo organizada polo Concello de Melide e a Asociación de Empresarios da vila. A cita coma en anos anteriores celebrouse no Pazo de Congresos, onde a instalación se convertiu nun outlet baixo teito, nun centro comercial das rebaixas e das ofertas, onde non só pola variedade de artigos que se poden atopar, senon tamén pola oferta de ocio completamente amplia. Os descontos situáronse entre un 20% e un 50%, chegando nalgúns casos ata un 70%.

O Mercamelide abriu as súas portas de 11h a 20h da tarde, tanto na xornada do sábado como na do domingo.

Como é habitual, e que sucede como cada ano coa posta en marcha do Mercamelide, o Concello puxo a disposición dos comerciantes a súa brigada de obras para axudalos coa montaxe dos stands así como tamén prestou apoio noutros ámbitos para que o comercio local puidese gozar un edición máis da súa gran festa.

MERCAR TIVO PREMIO DOCE E ECONÓMICO

Un dos grandes atractivos esta fin de semana en Melide foi a degustación de filloas do filleiro de Lestedo e da repostaría tradicional da vila da que gozaron aquelas persoas que mercaron nesta feira de stocks. Houbo actividades infantís polas tardes dende as 16 e ata as 19h da tarde.

Por outra parte, as persoas que realizaron compras durante toda a fin de semana poderán obtar a premios económicos que terán que gastar no comercio local melidense. Con cada compra entregouse unha tarxeta rasca que, de estar premiada cun vale por importe de 10 euros, que se poderán gastar directamente en calquera dos comercios que participen no Mercamelide ata o 1 de marzo. 




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp