Novas

Máis novas

O alumnado do Centro Ocupacional de Melide celebra o San Valentín

14/02/2019. Alumnos e alumnas do Centro Ocupacional celebraron no día de hoxe, 14 de febreiro o día do San Valentín. Tiveron unha xornada diferente ao seu día a día participando en diferentes actividades que puxo en valor a súa amizade

MELIDE 14 de febreiro de 2019.- Os rapaces e rapazas do Centro Ocupacional de Melide celebraron durante a mañá de hoxe, nunha xornada diferente á habitual, o San Valentín.

Eles mesmo realizaron diferentes máscaras e un photocall e un collage con imaxes de todos os integrantes do grupo para poñer en valor a amizade que os une e que día tras día alimentan xuntándose no edificio Multiusos nos que comparten actividades que lles axudan ao seu desenvolvemento psicomotriz.

Esta mañá contaban celebraban que a súa amizade tamén se merece unha xornada distinta e non só o amor entre as parellas. O afecto entre os amigos é digno tamén de festexar.

CENTRO OCUPACIONAL DE MELIDE

Ao Centro Ocupacional de Melide asisten homes e mulleres con deficiencias de tipo psicomotórico e sensoriais, de diversas características madurativas e de organización cognitiva. Na actualidade, conta con 12 alumnos e alumnas de diferentes idades e patoloxías tanto físicas como psíquicas. Todos eles asisten ás actividades en horario de 09.00 a 13.30 horas de luns a venres. Son diferentes as disciplinas que se imparten no centro de xeito anual coma música, cociña, informática, alfabetización, obradoiros de diverso tipo ou natación.

Os usuarios realizan un numerosas de actividades tanto na propia aula coma fóra, participando en cada evento que se organiza dende o Concello. Entre eles atópanse a Festa do Melindre e da Repostaría Tradicional, a colocación do tradicional Belén na Igrexa parroquial, a presentación no concurso de Entroido, etc..




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp