- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
Melide aproba a rebaixa do IBI e as bonificacións das explotacións gandeiras para 2018
04/08/2017. A proposta foi aprobada co voto a favor do Partido Popular e co voto en contra do PSOE e do BNG. O Imposto de Bens Inmobles pasará no ano 2018 do 0.48% ao 0.45% tanto no IBI urbano como no IBI rústico
Co voto a favor do equipo de goberno do Partido Popular e en contra dos partidos da oposición, BNG e PSOE, o pleno ordinario celebrado no día de onte en Melide aprobou a baixada do Imposto de Bens Inmobles do 0.48% ao 0.45%.
Os concellos fixan, dentro dunhas marxes, canto se ha de pagar polos inmuebles que se sitúan no seu territorio. Ao valor catastral do inmueble, aquel que reflicte o valor do chan no que se sitúa e a edificación, aplícaselle un coeficiente que varía entre un 0,4% e un 1,3% para os inmuebles urbanos. En Melide o tipo impositivo do último ano do IBI foi de 0.48% e no vindeiro ano será de 0.45%.
No caso do IBI urbano esta baixada do imposto supoñerá unha diminución do 10% na recadación municipal, o que se traduce nun importe aproximado de 190.886,37 euros no vindeiro ano. Por outra banda, no correspondente ao IBI rústico, que conta neste ano cun tipo impositivo do 0.50 do coeficiente no 2018 reduciarase ao 0.45 ao igual que o urbano. O ente municipal recadará un 10% menos no IBI rústico, o que se traducirá en 39.869.05 euros.
“Traemos esta reforma ao pleno do 3 de agosto para marcarnos unha folla de ruta que cumpriremos para que en 2018 poida entrar en vigor esta rebaixa do IBI”, explicaba Luis Arias, concelleiro de Promoción Económica do Concello de Melide cando foi acusado pola oposición da súa celeridade para a aprobación desta baixada do imposto.
Dalia García, rexedora de Melide, explicaba que detrás desta baixada do IBI está “vontade de diminuir a presión fiscal sobre as familias, xa que se trata de un imposto que afecta a maior parte da veciñanza da nosa vila”. Cando a oposición fixo fincapé en que esta rebaixa podía ser maior e contemplar diferentes bonificacións a rexedora puntualizou que “a decisión que se aproba neste pleno está avalada pola Lei Reguladora de Facendas Locais”.
BONIFICACIÓNS DO 95% PARA O SECTOR PRIMARIO
Por outra banda, o pleno celebrado no día de onte aprobaba cos votos a favor do Partido Popular e en contra dos socialistas e nacionalistas, unha medida de carácter fiscal en apoio do sector primario do municipio para facilitar a aplicación da bonificación máxima do Imposto de Bens Inmobles (IBI) ás explotacións gandeiras. Aprobábase aplicar unha bonificación do 95% do IBI aos inmobles destinados a actividades agrarias, gandeiras ou forestais co fin de apoiar ao sector primario do termo municipal. Dentro desta medida, compre salientar que cando a actividade sexa compartida con outros usos, non agrarias, nin gandeiros, nin forestais, a bonificación tan só será do 50%.
Segundo os datos extraídos dun informe de Extensión Agraria de Melide, no municipio existen aproximadamente 320 explotacións de vacas e 30 de porcino que podería beneficiarse desta medida aprobada no pleno no vindeiro ano 2018.