Novas

Máis novas

O Concello demanda á Deputación un estudo do tráfico rodado na DP-4606

12/02/2019. O Concello solicita á Deputación da Coruña que realice un estudo do tráfico rodado na Avenida de Toques e Friol. Trátase dunha zona na que de edificaron novas promocións inmobiliarias e nas que agora se detectan novas necesidades

MELIDE 12 de febreiro de 2019.- O Concello de Melide solicita unha vez máis á Deputación da Coruña a necesidade de elaborar un estudo do tráfico rodado na Avenida de Toques e Friol, que comprende a estrada DP- 4606 que une Melide con Friol. Trátase dunha zona da vila na que nos últimos tempos se puxeron en marcha diferentes edificacións de vivendas que hoxe son ocupadas por veciños e veciñas que ven minguada a súa seguridade debido á falta de organización do tráfico rodado.

O Concello de Melide reteira unha vez máis a súa petición ao organismo provincial, xa que xarealizou esta demanda o ano pasado, para salvagardar o benestar da veciñanza que ten neste lugar a súa residencia habitual. Deste xeito, dende o ente local require á Deputación da Coruña que realice un estudo do tráfico rodado por parte dos técnicos provinciais, “que son os responsables da titularidade desta estrada”, di Dalia García, alcaldesa de Melide.

A rexedora engade que “é necesario contar con ese estudo para conciliar o tráfico nesta estrada na que residen moitos veciños e veciñas da vila, necesitamos ter unhasbeirarrúas con pavimentación axeitada, así como sinaléctica tanto horizontal como vertical, ou mobiliario urbano que impida estacionacionar os vehículos de xeitoordeador e ao mesmo tempo que a veciñanza dispoña de espazo nas beirarrúas para pasear por elas de maneira cómoda”.

Dende o Concello de Melide piden á Deputación que realice este estudo previo que “ten efectuado en outras estradas de non titularidade municipal” para mellorar a seguridade dos veciños e veciñas da vila.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp