- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
A XGL adxudicará a pavimentación en aglomerado en quente de varias pistas
11/02/2019. A Xunta de Goberno Local (XGL) do Concello de Melide adxudicará o vindeiro xoves 14 de febreiro o proxecto de pavimentación e aglomerado en quente de dúas pistas na parroquia de Santa María así como tamén doutra no casco urbano
MELIDE 11 de febreiro de 2019.- O Concello de Melide adxudicará o proxecto de pavimentación e aglomerado en quente de dúas pistas de Santa María: o acceso ao Carballal e acceso á igrexa de Santa María dende a N-547. Será na vindeira Xunta de Goberno Local que se celebrará este xoves 14 de febreiro. O importe da realización destes traballos será de 59.700,19 euros.
A estas melloras tamén lle sumarán, actuacións de pavimentación e aglomerado en quente da circunvalación do campo da feira dende o acceso da N-547 ata o entronque co Camiño Vello de Santiago, rematando íntegramente a pavimentación dende o campo da feira e ata a N-547, que se utiliza como vía de circunvalación complementaria ao cruce da N-547 coa AC-840.
“Esta obra é unha das que o goberno local comprometerá co fin de ir cubrindo o acceso a parroquias así como incrementando os metros de agomerado no casco urbano en pistas que contan con moita afluenza de vehículos no seu día a día”, explica Dalia García, alcaldesa de Melide.
Dende o Concello de Melide engaden que se o tempo o permite, estas melloras poñeranse en marcha no próximo mes de marzo.