- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
Melide súmase á campaña de compostaxe da Consellería de Medio Ambiente
11/02/2019. O venres o edificio multiusos acolleu unha charla sobre a compostaxe doméstica para reducir a carga orgánica dos residuos. Asistiu a conselleira de Medio Ambiente, a alcaldesa e unha técnico da empresa do servizo de basura
MELIDE 11 de febreiro de 2019.- O Concello de Melide sumarase ao programa de compostaxe doméstica impulsado por Sogama para o tratamento dos residuos orgánicos. Así o avanzo una tarde do pasado venres a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, no transcurso dun acto sobre reciclaxe celebrado en Melide, ao que felicitou polo seu compromiso co coidado do medio ambiente e a súa aposta por promover e concienciar á poboación para unha xestión eficaz dos seus residuos urbanos.
Tras salientar a importancia de darlle un tratamento axeitado á materia orgánica co obxectivo de reducir o seu peso no conxunto total dos residuos urbanos, Vázquez Mejuto enmarcou nesta liña a campaña de compostaxe doméstica posta en marcha por Sogama, que xa conta con 214 entidades adheridas –entre concellos, centros educativos e colectivos sociais- e no marco da cal repartíronse ata o momento máis de 8.200 composteiros.
O Concello de Melide volve demostrar deste xeito a súa implicación en materia de reciclaxe e tratamento de residuos, xa que, como resaltou a conselleira, son moitas as iniciativas e campañas impulsadas polo seu departamento nas que ten participado activamente.
En concreto, referiuse á campaña Horeca, realizada o ano pasado en colaboración con Ecovidrio e 75 hostaleiros do municipio; á impulsada tamén co apoio de Ecoembes co obxecto de fomentar a recuperación de envases lixeiros; á iniciativa Camiño da reciclaxe, na que participaron en 2018 un total de nove albergues de Melide; e aos programas Recíclate con Sogama e Pilabot que se están a desenvolver en centros escolares deste concello co obxectivo de sensibilizar ás novas xeración na cultura da reciclaxe.
Así mesmo, tamén se referiu á iniciativa do Concello de Melide presentada o pasado mes de outubro para a posta en marcha dun servizo municipal de recollida porta a porta de papel e cartón polos establecementos comerciais da vila.