- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
Arquivada a denuncia contra a alcaldesa polas augas do río Furelos
09/02/2019. A Fiscalía arquiva unha denuncia polo penal da Asociación Cultural Veciñal Melidá á Alcaldesa de Melide por un delito contra a saúde pública e o medioambiente . Dalia García, contou o caso aos medios nunha rolda de prensa
MELIDE 9 de febreiro de 2019.- A alcaldesa de Melide, Dalia García vén de ofrecer unha rolda de prensa para explicar aos diferentes medios de comunicación o motivo da denuncia arquivada pola Fiscalía esta semana.
As dilixencias de información da Fiscalía ante a denuncia penal efectuada pola Asociación Cultural e Veciñal Melidá ante o organismo xudicial provicial foron denunciadas o pasado outubro y veñen de arquivarse logo de demostrar o goberno municipal o seu bo facer no tratamento desta problemática.
A alcaldesa de Melide, Dalia García, compareceu en rolda de prensa esta mañá co fin de explicar de primera man o procedemento que Diego Rodriguez Otero, como presidente da Asociación Cultural e Veciñal Melidá inicia na Fiscalía da Coruña o pasado ano.
A rexedera melidense, apunta claramente a “unha persecución persoal e e desprestixio acerca da súa persoa, chegando ao extremo da presentación por parte da Asociación Cultural e Veciñal de ter prevaricado, delinquido contra o medioambiente, así como o atentado contra a saúde pública”.
TEXTO ÍNTEGRO DA ALCALDESA DE MELIDE DURANTE A ROLDA DE PRENSA NO CONCELLO DE MELIDE
En calidade de Alcaldesa do Concello de Melide agradezovos a vosa presenza hoxe aquí sábado para atender á rolda de prensa convocada por este Concello para explicar de primeira man as dilixencias penais que se abriron contra a miña persoa o pasado mes de novembro na Fiscalia provincial de Coruña por mor dunha denuncia de Diego Rodríguez Otero en representación da
Asociación Cultural e Veciñal Melidá, creada en 2017 en Melide.
En primeiro lugar quero deixar moi claro a obsesión desta Asociación co goberno municipal de Melide, lamentando a continua persecución que estou a vivir persoalmente, con desprestixios persoais continuos, chegando a este extremo, ao de presentar unha causa penal segundo esta Asociación por ter prevaricado ao ter delinquido contra o medioambiente así como atentado contra a saúde pública de todos os que se puideron achegar a Praia Fluvial de Furelos durante o ano 2017 e sucesivos.
Permitideme que, visto o visto, dubidemos do obxecto cultural ou veciñal desta organización ao recibir acusacións tan graves como as enviadas á Fiscalía Provincial un ano despois do suposto “delito” (supostamente en 2017 e denuncia consta de novembro de 2018) de omisión do deber por parte desta Alcaldía con respecto das actuacións levadas a cabo no Río Furelos polo goberno muncipal dende 2016 ata a actualidade, tendo ao noso xuízo unha finalidade claramente política e non de defensa dos intereses veciñais. Aportaron como probas incluso, supoñemos, cortes de grabacións, das que podemos dubidar da súa hipotética veracidade.
Tratouse, visto o expediente, dun infructuoso intento da xudialización dun tema sobre o que o goberno municipal deu cumprida información no pleno de Melide, a petición propia, incluíndo incluso un punto na orde do día no pleno ordinario co fin de manter informado á oposición sobre a problemática da calificación da nosa zona de baño. Lamentamos, unha vez máis, o dano, como xa temos denunciado reiteradamente, que durante dous veráns lle levan feito a Melide, e demostrase, con este arquivo de dilixencias penais por parte da Fiscalía quen tiña a razón, así como obxecto desta Asociación, que ao noso xuízo debe quitar a careta dunha vez e constituirse como partido político. Así o xogo democrático sería moito máis xusto e entre iguais.
O certo é que, como se ven facendo público e de coñecemento xeral nos medios de comunicación, a Dirección Xeral de Saúde Pública comunica, como é habitual a todos os Concellos de Galicia que contan con área recreativa fluvial a calificación das augas do ano en curso baseado no estudo e cálculo matemático das mostras analizadas o ano inmediatamente anterior. É dicir, a calificación de INSUFICIENTE da auga do Río Furelos sae do cálculo das analíticas feitas na temporada 2016. O 11 de Maio de 2017 se recibe neste concello o oficio da DX de Saúde Pública onde indica que o Río Furelos ten unha calidade insuficiente.
Ante esta problemática, o goberno municipal manten reunións de traballo o día 16/06/2017 con Augas de Galicia onde se visita o Río e se demanda deste organismo entre outros, o estudio e modificación do azud do Río furelos para mellorar a súa oxisenación, constando os técnicos de Augas que o deseño actual da zona de baño, que por certo non foi levado precisamente a cabo por gobernos do PP, e onde se gastaron moitos fondos públicos, é contrario a dinámica natural do leito do río e lesivo contra o seu cauce natural; dudo moito que a instalación dun pantalán ou a modificación do cauce e dos aliviadeiros se poideran levar a cabo hoxe en día, gústariame saber que din os informes medioambientais ou de Augas, se é que se posúen, sobre dita actuación. Varios técnicos especialistas constaron o efecto negativo desta obra no cauce natural do Río isto ante as sondaxes que leva feito o goberno local para solventar o problema.
Así mesmo, e en cumprimento do deber de vixiancia municipal se encargaron analíticas á empresa concesionaria do tratamento de Auga para cotexar a saúde do Río Furelos, sendo que ditas analíticas arroxaron resultados positivos segundo o Real Decreto están dentro dos parámetros obligatorios para augas continentais que autorizan o baño durante o ano 2017. Como sodes sabedores dita campaña se intensificou durante 2018.
Polo tanto, e tal como indica a Fiscalía no seu escrito de arquivo de dilixencias de investigación penais, vista a documentación aportada por este Concello, para demostrar que non se incurría en ningún delito de prevaricación, é máis, se estaban a buscar as solucións finalistas do problema, entre as que está a licitación do proxecto que leva por título “Obra de Acondicionamento e mellora da conectividade na Praia Fluvial do Río Furelos, A Coruña”, o pasado 22/12/2018, publicada no DOG, paso a ler exactamente o extracto de arquivo das dilixencias achegadas a este Concello “El resultado del análisis encargado por el Concello no permite apreciar elementos indiciarios, no solamente de la posible comisión de un delito contra el medio ambiente, sino también de que la decisión adoptada de la apertura de la zona de baño constituya una resolución injusta, contraria palmariamente al ordenamiento jurídico” polo que se acorda “El archivo de las Diligencias de Investigación Penal, por las consideraciones contenidas en los fundamentos”.
Como Alcaldesa de Melide podo dicir que tanto os meus concelleiros coma min temos a conciencia moi tranquila de ter loitado por mellorar a calificación da auga de baño do Río Furelos así como analizar técnicamente cales eran as causas.
Instrumentalizar un problema mediambiental nunha causa xudicial con acusacións tan graves como o de delito contra a saúde pública é xogar coa reputación dunha área recreativa que recibe centos de visitantes nos meses de verán e que supón un revulsivo turístico da zona, a vista están os datos. Alarmar inecesariamente así como non atender a razóns con fins claramente políticos, que se demostran con este arquivo de dilixencias penais, é a maneira de actuar dos que se esconden baixo as siglas de organizacións veciñais pero que realmente son outra cousa.
Xudicializar a política non axuda a resolver os problemas dos veciños e veciñas que é para o que fomos elixidos, e esta forma de actuar, demostra unha vez máis, que en política non todo vale. Os informes técnicos e as analíticas científicas así o avalan.