- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
O Concello de Melide tende a súa man á organización da Foliada 2019
07/02/2019. Ante o comunicado emitido este mediodía por parte da Asociación Cultural Musical O Castelo no que expresan a súa renuncia á organización da Foliada de Melide, o equipo de goberno municipal melidensequeredeixar claro que:
- O Concello de Melide lamenta a decisión de suspender a organización da XV edición da Foliada de Melide por parte da Asociación O Castelo de Melide.
- O Concello de Melide mostra a tristura pola cancelación da Foliada de Melide, un evento cultural e beneficioso para o noso pobo, o cal considerabamos consolidado na vida cultural da comarca, con máis de 14 anos de historia.
- O Concello recorda que sempreapoiou económicamente e materialmente a Foliada, non só en instalacións, senóntamén con medios humanos e materiais, asinando anualmente un Convenio nominativo de 4000 €.
- A contía do convenio, a mesma que na anualidade 2017 e 2018, e que aportou unha estabilidade económica á organización, é ecuánime coas demáis asociacións culturais e deportivas de Melide que organizan eventos deste tipo, que dinamizan a vida cultural, económica e turística da comarca.
- Na reunión mantida coa directiva da Asociación O Castelo se expuxeron varias medidas de cara a organización da vindeira edición da Foliada de Melide entre as que se expuxeron as necesidades de mellorar certas infraestructuras materiais (carpas, mesas, cadeiras, seguridade, etc) así como a disposición de espazos públicos como a Praza das Coles para a xornada dominical. A Prazadas Coles é o centro do mercado dominical en canto a froita, verduras e plantío, ocupación regulamentada por ordenanza municipal de cara os comerciantes ambulantes.
- Na xuntanza mantida coa directiva, o Concello comprometese a sondear aos comerciantes de cara a un posible cambio de localización no último fin de semana de abril, tradicionalmente ocupado pola Foliada, subliñando que é día de feira grande (último domingo de mes). Mesmo nesa xuntaza de traballo se convidouaosmembros da directiva a organizar unha reunión cos comerciantes co fin de que poideran expoñer as necesidades da Foliada, cuestión que foi declinada. Así pois, se realizou por parte do Concello de Melide, ata en dúas ocasiónsco fin de ver as posibilidades e vontades de realización dese cambio de ubicación, a consulta ás partes implicadas, cuestión que non chegou a bo termo por parte deste colectivo. O Concello de Melide reitera que non é algo potestativo do gobernosenon que existe un dereito adquirido con respecto aos comerciantes ambulantes de manter a súa posición.
- O Concello está disposto a colaborar no que faga falta para mellorar a Foliada, mostrase aberto a calquer tipo de negociación, pero recorda que haifestas con máis anos e tradición, como a do Melindre, San Roque ou o San Caralampio, as cales se adaptan a vida cotiá de melide, en especial o último domingo de feira de Melide. Ata a data, a Foliada, cos diferentes gobernos, tamén conviviu co mercado dominical.
- En todo caso, o Concello de Melide quere agradecer a Asociación Cultural e Musical o Castelo, o seu traballo nestes catorce anos, e que o concello ten a man tendida e dende o goberno local estamos abertos a calquera solución para que non suspendan definitivamente a foliada de Melide.