Novas

Máis novas

Melide acolle unha charla informativa sobre os novos retos da reciclaxe

07/02/2019. A Asociación Catasol en colaboración co Concello de Melide organizan para mañá venres ás 19h unha charla informativa no edificio multiusos para abordar os novos retos da reciclaxe doméstica. Será aberta a todos os veciños

MELIDE 7 de febreiro de 2019.- O Concello de Melide colabora na charla informativa que a Asociación Catasol da vila ten programado para mañá venres ás 19h da tarde na sala de conferencias do edificio multiusos.

Entre os temas que se tratarán nesta xuntanza informativa atópase a análise dos novos retos da reciclaxe doméstica, ofrecendo aos asistentes diferentes ferramentas para mellorar este proceso nos seus fogares.  Trátase dunha iniciativa que ten como obxetivo estimular a concienciación ciudadana sobre a necesidade de separar os residuos sólidos urbanos e favorecer a reciclaxe.

Os que ata alí se acheguen, poderán preguntar as súas dúbidas aos técnicos especialistas na materia que visitarán Melide. Nesta charla informativa intervirán a conselleira de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, Ángeles Vázquez, a alcaldesa de Melide, Dalia García, e unha técnica da empresa adxudicataria da recollida do lixo na vila.

Dende o Concello de Melide apóstase unha vez máis pola concienciación cidadá sobre a correcta separación de residuos. A rexedora melidense, Dalia García, apunta que “dende o Concello ao longo dos últimos tempos acollemos diferentes campañas e charlas divulgativas sobre esta temática, porque buscamos fomentar na veciñanza as boas prácticas no tratamento dos residuos como oportunidade para acadar os beneficios ambientais e económicos derivados da correcta separación e reciclaxe”.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp