Novas

Máis novas

A reorganización do arquivo municipal axilizará a tramitación electrónica

06/02/2019. O Concello melidense contaba dende o pasado mes de xullo cun arquivieiro e agora, a comezos deste 2019, incorporouse outra persoa para reforzar os traballos de clasificación de documentos do organismo local de Melide

MELIDE 6 de febreiro de 2019.- O Concello de Melide conta dende o pasado mes de xullo coa figura dun arquiveiro bolseiro, e foi agora, a principios de ano, cando se incorporou ao organismo local outra persona, tamén na condición de bolseira para reforzar os traballos nesta área. Esta situación é froito dun convenio entre o ente local e a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia que se encargará da reorganización dos documentos municipais.

As áreas nas que traballa o equipo de bolseiros arquiveiros son a de Intervención, Secretaría e Arquivo Xeral, lugares onde se tramitan os principais documentos no Concello e que polo tanto son de especial atención para estes novos traballadores.

Estas inscorporacións por un ano ao cadro de persoal do Concello de Melide, supón en palabras da alcaldesa Dalia García “camiñar cara un proceso de cambio na administración local mudando as nosas formas de traballar para conseguir unha administración electrónica cen por cen”.

ARQUIVO HISTÓRICO MUNICIPAL

O Concello de Melide estrenará nos vindeiros meses un arquivo histórico municipal que se situará nos baixos da Casa da Cultura e albergará os fondos máis antigos do organismo local. Desta maneira, os documentos do Concello de Melide máis actuais situaranse na casa consistorial  con 2.000 unidades de instalación, e os máis arcaicos trasladaranse a esta nova ubicación que se convertirá nun arquivo histórico municipal, con 6.000 unidades de instalación. “Deste xeito solucionaremos os problemas de espazo que existen na propia casa do concello cunha clasificación exhaustiva de todos os documentos municipais”, finalizou Dalia García.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp