Novas

Máis novas

O Concello de Melide bonificou a dezaoito explotacións gandeiras

05/02/2019. O Concello aprobou dende a entrada en vigor das bonificación do Imposto de Bens Inmobles, en abril de 2018, un total de 18 solicitudes de veciños e veciñas que cumprían cos requisitos para poder gozar desta vantaxe fiscal

MELIDE 5 de febreiro de 2019.- O Concello de Melide ten aprobadas ata o momento 18 bonificacións do Imposto de Bens Imobles a explotacións gandeiras.

Dende a entrada en vigor da ordenanza o pasado 13 de abril do ano 2018, presentáronse no Concello de Melide na anualidade 2017, 20 solicitudes das que 14 foron admitidas para trámite e aceptadas por cumprir con todos os requisitos. Foi no pasado ano 2018, cando se presentaron 7 solicitudes e 4 resultados admitidas en función das condicións que se estipularon na ordenanza fiscal.  Dende o goberno local explican que “que as outras tres poden subsanar a falta de documentación ou as deficiencias encontradas para darle un trámite áxil a este tipo de beneficio fiscal no rural melidense”.

Dalia García, a alcaldesa de Melide, indica que “son expedientes que requiren a maioría das veces moita documentación que debe ser adaptada ao titular actual do inmoble. Melide foi un dos primeiros en declarar a actividade agraria como prioritaria e de utilidade pública para o seu concello”. García, recorda a toda a veciñanza a posibilidade de solicitar este trámite sempre no ano inmediatamente anterior á entrada en vigor da bonificación”.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp