- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
As festas do San Roque de Melide ofrecerán máis dunha vintena de actuacións
01/08/2017. Carlos Baute e Heredeiros da Crus serán os concertos que ofrece o San Roque 2017. Música e actividades para todas as idades que comezarán o 11 de agosto co Mercado Medieval e rematarán o día 20 de agosto coa celebración da festa do Río e o día do Neno
As festas do San Roque que se presentaron no día de onte por parte da Comisión de Festas e da alcaldesa de Melide, Dalia García, ofrecerán a veciños e visitantes máis dunha vintena de actuacións nun total de 12 días de actividade. Na programación das festas do San Roque 2017, destaca a celebración do 6º Mercado Medieval que se celebrará entre os días 11 e 14 de agosto e numerosas actuacións musicais, así como actividades de ocio para maiores e cativos.
Dalia García, alcaldesa de Melide explicaba que “do que se trata é de facer un programa variado, atractivo e diferente para todo tipo de público”, destacaba “ a labor altruista da Comisión de Festas do San Roque que un ano máis non deixa a ninguén indiferente, xa que a programación ten actividades para todos os gustos e todos os veciños e a xente que nos visita poderá gozar, un ano máis, das festas grandes da nosa vila”.
A Comisión de Festas do San Roque presentaba no día de onte o programa das festas e facía fincapé no traballo realizado para que todos os veciños e visitantes poidan gozar das festas un ano máis, atraendo a Melide a milleiros de visitantes durante eses días o que repercutirá na dinamización da economía ofrecendo a todos os visitantes unha programación variada durante 12 días”.
MERCADO MEDIEVAL
O Mercado Medieval chega este ano a súa edición número seis e “xa pode decirse que está consolidado no calendario de agosto en Melide”, explicaba a alcaldesa da vila. Este mercado ambientará o casco histórico, con actividades para todas as idades así como tamén a instalación de diferentes postos onde se poderá degustar variada oferta gastronómica.
PROGRAMACIÓN FESTAS DO SAN ROQUE 2017
O 13 de agosto comezará a música coa orquestra Marbella, o día 14 actuará Herdeiros da Cruz, o día 15 de agosto a quenda será para o Combo Dominicano, a Orquestra de Cámara de Galicia e Froito Novo.
O propio día do San Roque, o mércores 16 de agosto, o turno será para a Banda de Música de O Rosal, a Coral Polifónica de Melide, e as orquestras Panorama e Bambolea.
O grupo de gaitas local Herba Grileira, a Banda de Música de Agolada e París de Noia, poñerán banda sonora ao 17 de agosto. O día seguinte, o 18 de agosto, o turno será para a Banda de Música de Arzúa, e as orquestras Televisión e Cinema. O sábado 19 de agosto terá lugar o concerto de Carlos Baute e como fin de festa, o 10 de agosto, celebrarase a Festa do Río, que terá lugar na Área Recreativa do Río Furelos e o día do Neno, con descontos para que os máis pequenos poidan desfrutar das atraccións. Estas dúas celebracións que estarán acompañadas da música da charanga “Os Amigos de Visantoña”, Cuarta Xusta, e o concertó folk-rock ás 20h da tarde de Leirabuxo.
As actuacións das orquestras e dos concertos de San Roque terán lugar no Cantón de San Roque con entrada libre e gratuita.