- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
O Concello incrementa as horas de axuda no fogar e atención á dependencia
01/02/2019. O Concello vén de aprobar un incremento de 3.336 horas anuais de axuda no forgaráspersoas en situación de dependencia. Conta cons informes favorables de Secretaría, Intervención e Traballo Social. Son en total 35.664 horas
Melide, 1 de febreiro de 2019.-O Concello de Melide vén de aprobar un aumento de horas dentro da prestación do Servizo de Axuda no Fogar ás persoas en situación de dependencia acadando un total de 35.664 horas anuais. Isto supoñerá, en palabras da alcaldesa de Melide, Dalia García, que poderemos dar servizo a máis familias necesitadas con maiores en situación de dependencia moitas veces por falla de recursos e outras, lamentablemente, por falla de saúde tanto física como mental.
Este incremento é o terceiro que se produciu con García como rexedora melidense, sendo un das cuestiónsnas que máis se traballadende o goberno local e dende a concellería de Igualdade e Benestar ao fronte da cal está M.Jesús López.
O goberno local agradece a implicación do goberno da Xunta de Galicia do Presidente Nuñez Feijoo que dende o pasado setembro, data onde García mantivo unha reunión co por aquel entón o responsable de Política Social, J.Manuel Rey, xalle trasladara a necesidade de aumentar dito servizo ante as demandas da veciñanza. Hai que recordar que tanto a axuda a domicilio como a axuda en réxime de dependencia supón un recurso público moi demandado polos usuarios tanto nas 26 parroquias do rural como no casco urbano xa que se contacunha demografía cuxa media de idade é elevada; con axuda cofinanciada deste tipo poden seguir mantendo autonomía no domicilio máis ter sempre unha atención de calidade, apuntan fontes do goberno local.