Novas

Máis novas

O Concello aprobará definitivamente en pleno o último sector do SAU 11

29/01/2019. O Concello de Melide aprobará navindeira sesión ordinaria do pleno municipal de maneira definitiva a modificación do polígono 2 do SAU 11 que modificará 15.590 metros cadrados de suelo urbano. Trátase dunha zona en Melide moi céntrica

Melide, 29 de xaneiro de 2019.- O Concello de Melide reunido en sesión ordinaria a vindeira semana terá como un dos puntos fundamentais da orde do día dar por finalizado o trámite de modificación do último sector do SAU 11, situado nas intermediacións da Avenida de Compostela e cun suelo afectado próximo aos 16.000 metros cadrados. “Trátase neste caso, apunta a alcaldesa de Melide, Dalia García, de finalizar un expediente cuxa aprobación inicial se levou a Xunta de goberno local o pasado maio de 2018 e que logo de ter recibido todos os informes sectoriais tanto estatais como autonómicos e de ser revisado polos equipos de Secretaría, Intervención e Urbanismo do Concello, recibe agora o voto favorable do pleno”.

En todo caso, apuntan fontes do goberno local, o desenrolo urbanístico deste sector finalista do SAU 11, é un dos primeiros proxectos que leva a cabo do Concello de Melide logo da entrada en vigor da Lei do Solo de Galicia e beneficia por unha banda aos promotores, pero por outra, aos propios veciños e veciñas de Melide e comarca xa que poñerá a disposición dos particulares novas parcelas aptas para construcción de vivendas unifamiliares, ata o de agora desaproveitadas, asi como supoñerá a urbanización  dos metros afectados. Dende as filas do goberno local apuntan que agardan contar cos votos favorables da oposición do PsdG-PSOE e do BNG xa que entenden que se lledá trámite a unha demanda cidadáde promoción urbanística da mesma maneira que aplauden aos promotores xa que dende a crise económica non se detectaron máis desenrolos urbanísticos en Melide con carácter finalista, e agora, hai varios proxectos de profundidade que implican que o Concello ten potencial de crecemento como foi a modificación do planeamentona UA4 de Melide así como os PlansEspeciais que están en trámite con finalidade de recuperación turística do medio.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp