Novas

Máis novas

Máis de cen veciños benefícianse dunha nova edición de Bule Melide

04/02/2019. A alcaldesa, Dalia García, e a concelleira de Igualdade e Benestar, Mª Jesús López, deron a benvida aos participantes deste ano nun acto que tivo lugar o pasado venres na vila. Máis de cen veciños beneficiaranse desta iniciativa

MELIDE 4 de febreiro de 2019.- O Concello de Melide, dende a súa concellería de Igualdade e Benestar, pon en marcha unha nova edición do programa de ximnasia adaptada ás persoas con enfermedades crónicas, que dende o ano pasado se chama Bule Melide e contará neste 2019 con máis de cen beneficiarios.

Na xornada do pasado venres, Dalia García, alcaldesa da vila e María Jesús López, concelleira de Igualdade e Benestar do Concello de Melide, presentaron unha nova edición do programa Bule Melide na aula de conferencias do edificio Multiusos.

A rexedora melidense, deu a benvida a todos os veciños e veciñas que este ano decidiron volver a formar parte do programa Bule Melide, iniciativa dirixida a persoas con enfermedades crónicas que necesitan tratamentos personalizados que se adapten as súas patoloxías para mellorar no seu día a día.

García engadía que “dende o Concello de Melide traballamos moito para garantizar o benestar dos nosos veciños en tódolos ámbitos, debido ao éxito que ten este programa que cada ano conta con máis participantes, ano tras ano vémosnos na obriga de organizar esta actividade. Son os propios veciños os que nos contan as melloras nas súas enfermidades crónicas que padecen grazas ao programa Bule”.

Bule Melide, é financiado organizado completamente dende as instalacións municipais. Esta actividade é a que máis éxito ten das que se organizan dende a concellería de Igualdade e Benestar do Concello de Melide e na que participan cada ano máis dos cen veciños e veciñas. A actividade organízase dous días en terra, con accións en aula e un día en auga, con diferentes exercizos na piscina municipal climatizada.  A maiores das actividades específicas os participantes tamén realizan diversas saídas ao longo do ano así como acuden a charlas informativas sobre temas que teñen que ver coa súa saúde, mellorando así a súa calidade de vida. O programa levarase a cabo ata o mes de decembro cun parón vacacional os meses de xullo e agosto.

NOVIDADES

Este ano como novidade o Concello de Melide incorporará actividades terapéuticas en balnearios cos usuarios e usuarias deste programa. Unha iniciativa nova que se poñerá en marcha neste 2019 para complementar as actividades de Bule Melide.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp