Novas

Máis novas

Melide acolle a IX edición do InvernoVespa este domingo

22/01/2019. A data será o próximo domingo para celebrar unha nova edición do InvernoVespa, a concentración de vespas e lambretas a nivel galego elixe o corazón da comunidade para unha nova xuntanza. Terán actividade durante todo o día

MELIDE 22 de xaneiro de 2019.- Melide volverá a ser este ano o lugar elixido para celebrar unha nova edición do InvernoVespa. Unha concentración de motos, concretamente vespas e lambretas, que leva escollendo Melide nos últimos anos para este evento. Esta edición será a número nove e o ano pasado congregáronse en Melide máis de 120 escuteristas.

Trátase dun evento organizado pola Asociación “Golfos Ártabros Escúter Clube” que se achegarán durante a xornada dominical a nosa vila para celebrar este encontro.

Como sucede en anos anteriores, os participantes reuniranse a primeira hora da mañá en Melide, coa recepción dos participantes no palacio de Congresos onde quedarán as motos aparcadas durante un tempo para que os veciños e veciñas que o desexen se poidan achegar a velas. Será preto do mediodía cando os membros do clube percorran as rúas de Melide para exhibir os seus vehículos. Máis tarde, compartirán unha comida de confraternidade entre todos os participantes nun coñecido local da vila.

O InvernoVespa é a primeira concentración do ano que dende fai máis de oito edicións se celebra en Melide, consólidandose esta reunión como unha das concentracións de scotters máis peculiares do ano. 




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp