Novas

Máis novas

O Concello critica os orzamentos do Estado de retrasar as obras da A-54

18/01/2019. A alcaldesa e o seu goberno municipal analizan a proposta de orzamentos do goberno central para o ano 2019. O tramo da A-54 que une Palas e Melide e a rehabilitación da ponte románica de Furelos, saen prexudicados coa proposta

MELIDE 18 de xaneiro de 2019.- O equipo de goberno do Concello de Melide vén de facer balance da proposta de orzamentos presentada polo goberno central para o presente ano 2019. Explican que “estes orzamentos teñen un prexuízo claro para os melidenses en canto á infraestruturas que o Ministerio de Fomento tiña comprometidas coa vertebración das comunicación a nivel do interior de Galicia de cara a 2021”.

A alcaldesa de Melide, Dalia García explica que “se recordamos no pasado mes de xullo adxudicábase e inciábanse as obras do trazado Palas de Rei- Melide, un contrato que chegaba aos 80 millóns de euros de licitación e que cada tres meses os titulares de Fomento volvían a comprometer para e con Galicia, e neste caso con Melide, para a execución controlada e progresiva das obras deste tramo, e un ano despois estaría tamén listo o tramo de alta velocidade que une Melide-Arzúa”. Para o executivo melidense foi “unha sorpresa que se licitara para este exercizo 2019 un total de 3 millóns de euros para o tramo Palas-Melide, co cal as previsións de rematar a autovía de cara a 2021 esvaécense claramente”.

PONTE DO RÍO SOBRE O RÍO FURELOS

No balance desta proposta de orzamentos para o 2019 do estado central, a rexedora melidense tamén fai especial fincapé na futura rehabilitación da ponte romana sobre o río Furelos. “Salvo erro ou omisión, este proxecto que xa tiña avanzados os trámites no correspondente a Patrimonio Cultural e diferentes permisos necesarios,  non se atopa entre o paquete de medidas previstas de investimento para o 2019, outro prexuízo tamén para os nosos veciños xa que se trata dunha ponte moi senlleira na nosa vila que contaba cun proxecto de restauración e recuperación”.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp